As illas Cíes serán paraíso fiscal

Os habitantes das Illas aseguran que se declaran independentes de Vigo, Galicia e España.

As primeiras medidas que van tomar os habitantes do arquipélago será pechar o porto e as comunicacións coa península. Así din, só admitiremos visitas de turismo en iate privado, “aquí sólo cosa fina!” salientou Anselmo Currás, representante dos rebelados isleños.

Entre os seus plans será abrir o banco “Cíes WaterWorld Bank” que será sometido as lexislacións presumiblemente liberais do recén nacido estado.

-“A nosa idea, de primeiras, é copiar o modelo suiso; montar un banco completamente opaco e só sometido a nosa propia lexislasión e que sólo se pode traer en iate, así aseghuramos a toda esta xente que non sabe onde meter o neghro que non se entera ninguén”

“De momento temos claro como imos faser cartos, logho xa veremos onde invertimos, e todo iso da democrasia, a organizasión e todo eso”

  1. arc-97 ha reblogueado esto desde mrjujel
  2. asturgalicia ha reblogueado esto desde mrjujel
  3. mrjujel ha publicado esto